Cuestionario Proust Paula Carballeira: Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

Paula Carballeira (Fene, A Coruña), é escritora e actriz. Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou un curso de Posgrao en Arte Dramática na Universidade de Santiago de Compostela. Pertence á compañía de teatro Berrobambán e participou como directora, actriz ou guionista en múltiples montaxes tanto no teatro como na televisión. Herdeira dunha gran tradición popular, Carballeira é unha gran contadora de historias, e as súas ‘contadas’ son famosas por ser quen de atrapar tanto a maiores como a pequenos.  

Paula Carballeira gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 coa súa obra As alumnas na que reivindica a memoria das mestras a través da vida de María Barbeito, abrindo un debate sobre a educación transformadora e de liberdade tal e como propoñía a II República.

1. O principal trazo do teu carácter? A perseveranza.

2. Que calidade aprecias máis nun home? O sentido do humor.

3. E nunha muller? O sentido do humor.

4. Que agardas das túas amizades? Que me queiran.

5. O teu principal defecto? A susceptibilidade.

6. A túa ocupación favorita? Escribir.

7. O teu ideal de felicidade? Vivir sen preocuparme de máis.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Esquecer.

9. Que che gustaría ser? O que son, que me levou toda a vida conseguilo.

10. En que país desexarías vivir? Neste… por agora.

11. A túa cor favorita? Azul grisácea.

12. A flor que máis che gusta? A do xasmín.

13. Que paxaro prefires? O corvo.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Xabier P. Docampo, Gloria Sánchez, Mia Couto, Michael Ende, Gianni Rodari, Astrid Lingren, Roald Dahl, Shirley Jackson, Fred Vargas, Ambrose Pierce…

15. E poetas? Wislawa Szymborska, Sylvia Plath,Jacques Prévert, Anna Akhmátova, Álvaro de Campos…

16. Un heroe de ficción? Sherlock Holmes.

17. Una heroína? Momo (a de Michael Ende).

18. O teu músico ou música favorito/a? Béla Bártok.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Munch, Maruja Mallo.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Pitusa Arias.

21. O teu nome favorito? Xiana.

22. Que hábito alleo non soportas? A falsidade.

23. Que é o que máis detestas? A intolerancia.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Francisco Franco.

25. Un feito histórico que admires? A revolución feminista.

26. Que virtude desexarías posuír? A temperanza.

27. Como che gustaría morrer? Soñando.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A dúbida.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que non demostran faltan de respecto.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Non o teño pensado, a verdade. Dubidaría moito cal escoller.

Foto autora: Eva Balcells


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.