Cuestionario Proust Fran Alonso: escritor e director da editorial Xerais

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con Tráiler (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora, e por transmitir a lectura ás novas xeracións, tal e como demostrou co libro Poetízate ou, máis recentemente, A curva da pantasma.

Director da editorial Xerais, é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos.

1. O principal trazo do teu carácter? A iniciativa, o humor, a dispersión e o despiste.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A honestidade, a sensibilidade e o sentido común.

3. E nunha muller? As mesmas.

4. Que agardas das túas amizades? Confianza, conversa. E, nunca o pensara antes, lealdade.

5. O teu principal defecto? Son despistado ata límites complicados. 

6. A túa ocupación favorita? Ler, viaxar, ver cine, pasear, andar en bicicleta e desfrutar da natureza.

7. O teu ideal de felicidade? Fanme feliz moitas pequenas cousas.

8. Cal sería a túa maior desgraza? A perda, a deriva do mundo, o alzhéimer.

9. Que che gustaría ser? Gustaríame ter sete vidas para vivilas todas.

10. En que país desexarías vivir? En todos! Adáptome ben aos lugares novos.

11. A túa cor favorita? A que se adecúa ao momento en que a necesito.

12. A flor que máis che gusta? Sobre todo, as flores vermellas. Por herdanza da miña avoa, o xeranio.

13. Que paxaro prefires? O paporroibo, o verderol, as garzas, os biluricos.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Os que me ensinaron a escribir, que xa non sei cales son.

15. E poetas? Os que me fixeron sentir a poesía, que tampouco sei.  

16. Un heroe de ficción? Pippi Mediaslongas.

17. Una heroína? A que se pincha con xiringa, nunca.

18. O teu músico ou música favorito/a? A que me fai vibrar, a que me fai sentir.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? O que non é compracente. O que me estremece.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Os heroes ou heroínas pertencen á ficción.

21. O teu nome favorito? Os das miñas fillas.

22. Que hábito alleo non soportas? A hipocrisía. Cuspir pola rúa.

23. Que é o que máis detestas? A egolatría exacerbada, o egoísmo manifesto, a intransixencia.  

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Hitler, sen dúbida.

25. Un feito histórico que admires? Calquera rebelión contra a inxustiza.

26. Que virtude desexarías posuír? Ter unha boa voz para cantar cando cociño. 

27. Como che gustaría morrer? Por unha luz cegadora, un disparo de neve.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A miña tendencia natural á broma e á ironía.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os defectos inocentes e os que non fan dano.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? O «Vive e deixa vivir» do movemento hippie segue a ser insuperable.


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.