Arantza Portabales é unha das grandes escritoras de novela negra actual galega. Licenciada en Dereito, estreouse na literatura no ano 2013 a través do xénero do microrrelato, do que nace o libro A Celeste la compré en un rastrillo no 2015, ano no que tamén acada o XV Premio de Novela Negra por Entregas da […]
Helena Villar Janeiro é unha das mulleres das que máis aprendo léndoa en Facebook cada día. Posuidora dunha gran sabedoría, froito de moitos anos como mestra, cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou […]
Gonzalo Hermo nace en Rianxo no 1987. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, publica os seus primeiros textos en revistas como Dorna, Andar 21, Nova Ólisbos. Xa dende ben novo lle chegan recoñecementos pola súa poesía: no 2011 obtén o Premio Poesía Xuventude Crea co libro de poemas Crac, e no […]
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de pintura, Luz Beloso é pintora , ilustradora e profesora de debuxo, e participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais. A súa forma de entender a ilustración é transversal e os seus debuxos forman parte de moitas historias literarias, sobre todo infantís e xuvenís. De […]
Inma López Silva é unha das autoras galegas contemporáneas con maior proxección. Nacida en Santiago de Compostela en 1978, licenciouse e doutorouse en Filoloxía, e así mesmo é Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbonne Nouvelle. Actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías […]
Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Así se define habitualmente esta muller que forma parte do colectivo de crítica literaria feminista A Sega, […]
Presentar a Berta Dávila é presentar a unha das grandes voces literarias galegas contemporáneas. Nada en Santiago de Compostela no 1987, é narradora e poeta e recentemente vén de facerse co Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021 por Un elefante na sala de estar, e co Premio Xerais 2022 con Os seres queridos. Obtivo, […]
“Aprendín a ler con tres anos e escribo poemas dende os seis”. Este é o inicio da biografía de Clara Vidal, poeta coruñesa que, como ela mesma se define, adoita falar en verso e escorregar fragmentos literarios ou letras de cancións nas conversas cotiás. Polo de agora ten publicados os poemarios Linguaxes dixitais e A […]
Asun Estévez naceu en Bueu no outono dun bo ano, tal e como se describe ela mesma. Auxiliar de Enfermería Xeriátrica, escribe dende que ten uso de razón pois é a súa forma de estar na vida e de sentir. Entre os seus libros de poesía atopamos Bicos de sol, Medrar nas mans, Noites, amenceres […]
Emma Pedreira eríxese coma unha das voces da literatura galega máis orixinais e valentes. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é narradora e poeta e tamén unha gran defensora da cultura e da súa ensamblaxe con outras artes como a pintura ou a fotografía. Dende a publicación no 1999 do poemario Diario bautismal dunha anarquista morta, Pedreira […]