Sica Romero irrompeu no panorama literario galego coa súa novela Avelaíñas eléctricas, na que conta a historia de descuberta e de amor / desamor entre dúas mulleres, e na que reivindica a expresión oral propia da Costa da Morte, cun estilo moi rompedor e na liña do que se está facendo a nivel internacional.
Graduada en Historia da Arte, especializouse en xestión de patrimonio, museística e mercado da arte e conta tamén cun mestrado en Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia. Ten traballado como correctora editorial, guía de museos ou auxiliar de sala.
Despois do éxito de Avelaíñas eléctricas, Romero continúa a escribir, e na actualidade sairá un relato seu no libro Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+, na editorial Xerais.
1. O principal trazo do teu carácter? Son fantasiosa.
2. Que calidade aprecias máis nun home? A sensibilidade.
3. E nunha muller? O mesmiño.
4. Que agardas das túas amizades? Sentilas preto.
5. O teu principal defecto? Teño pouca capacidade de atención… Son distraída.
6. A túa ocupación favorita? Neste momento ver documentais sobre fenómenos paranormais.
7. O teu ideal de felicidade? A tranquilidade.
8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder a ilusión.
9. Que che gustaría ser? Patinadora sobre xeo olímpica.
10. En que país desexarías vivir? Nalgún dunha illa máxica.
11. A túa cor favorita? A morada.
12. A flor que máis che gusta? Margarida.
13. Que paxaro prefires? A gaivota (pero lonxe).
14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Salinger, Agustín Fernández Paz, Siri Hustvedt, Andrea Abreu, Sabina Urraca…
15. E poetas? Safo, Pizarnik, Rosalía.
16. Un heroe de ficción? Non se me ocorre.
17. Unha heroína? Hermione Granger.
18. O teu músico ou música favorito/a? Joy Crookes.
19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Dora Maar.
20. O teu heroe ou heroína na vida real? Rosa Parks, Ruth Bader Ginsburg.
21. O teu nome favorito? Soledad, Marta, Manuela.
22. Que hábito alleo non soportas? Non me importan os hábitos alleos.
23. Que é o que máis detestas? O paternalismo e a xente que pode ser brusca ou desapracible.
24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Tódolos políticos tolos.
25. Un feito histórico que admires? A primeira traballadora social psiquiátrica: Mary Potter Brook.
26. Que virtude desexarías posuír? A temperanza.
27. Como che gustaría morrer? Prefiro non pensalo e aínda menos escribilo…
28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A sorpresa.
29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A preguiza.
30. Tes unha máxima ou lema de vida? Malo será.
Descubre más desde Lecturafilia
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
