Cecilia F. Santomé, licenciada en Filoloxía Francesa e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC, desenvolveu o seu interese pola palabra escrita en eidos variados, desde o marketing dixital á formación en biblioteconomía. Entre as súas obras atopamos o relato 34, Rue Saint Jacques, co que recibiu o Premio Literario Nortear para […]
Miriam Couceiro Castro é escritora, socióloga e doutora en Equidade e Innovación Educativa pola Universidade da Coruña. Coruñesa de adopción, comezou o seu activismo feminista no Observatorio de Igualdade e a Plataforma Feminista Galega. No ano 2013 gañou o I Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Ángeles Alvariño”, da UDC, co seu traballo […]
Escritor, xornalista e humorista galego, naceu en Vilagarcía de Arousa en 1977. A súa novela O home inédito converteuno en 2005 na primeira en galego editada en Internet. A partir de 2014, autoedita as súas obras. As novelas Ons, Cans, Guitiriz, e Arousa, unha serie de aventuras de adolescentes en distintos lugares de Galicia alcanzaron notable popularidade. Actualmente vén de fundar, […]
Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016, Francisco Castro conta cunha gran cantidade de libros publicados tanto para público adulto como infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como Chamádeme Simbad, Amor é unha palabra coma outra calquera, Tes ata as dez, Xeración perdida, Tantos anos de silencio e, recentemente, […]
Licenciada en Xornalismo e cun mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural, Arancha Nogueira gozou de estadías entre Madrid, Porto, Belfast e, por suposto, Ourense, a súa cidade natal e a inspiradora de moitos dos seus versos e historias. Publicou a súa obra en diversas antoloxías e conta con poemarios de autoría propia como o […]
Ramón Nicolás é un dos críticos máis recoñecidos da literatura galega, o seu espazo Caderno da crítica constitúe unha referencia obrigada para todas as persoas que queiran achegarse ás nosas letras. Froito das súas lecturas e do traballo de tantos anos, conta con dúas novelas Lapis na noite e O espello do mundo, e recentemente […]
Miriam Beizana Vigo leva a intensidade tatuada na pel, unha característica que inspirou parte das súas novelas, entre as que destacan Marafariña, Inflorescencia, Todas las horas mueren e La herida de la literatura. Galega de nacemento, ten participado en antoloxías colectivas como Asalto a Oz (Dos Bigotes) ou Relatos nada clásicos (Ménades Editorial), e actualmente […]