“Linguística escreve-se com A. A perspectiva de género nas ideias sobre a linguagem” de Teresa Moure

Teresa Moure é unha muller que me encanta. As súas novelas, as súas reflexións e os seus estudos sempre supoñen un desafío para min, pois con eles, e a través deles, aprendo moito sobre outras formas de habitar o mundo. Porque Moure é ante todo unha escritora sobre as marxes, que sempre nos afasta do centro, e que desconfía moito dos conceptos mainstream. Profesora Titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela, Moure publicou novelas, ensaios, relatos, teatro e poesía, e a súa obra foi distinguida con múltiples premios así como traducida a máis sete idiomas.

Empezo así esta crítica para lanzar a pregunta de por que o seu libro Linguística escreve-se com A se publicou hai máis dun ano en español e en Galiza saíu aínda hai pouco. Non é unha crítica á autora, senón a un sistema editorial que vai por detrás do que trunfa fóra para despois traelo aquí, sen ter a valentía de publicalo primeiro na lingua propia. Alén desas circunstancias, celebro igualmente a publicación desta obra que nos trae a editora Através, especializada en obras escritas en galego internacional ou reintegrado, como pode ser este caso. A obra que temos entre mans diríxese a un público especializado na lingüística, pero non só, senón que nos achega a todas as persoas interesadas no tema unha serie de capítulos e de reflexións que buscan incidir na necesidade de que a lingüística, como a narrativa ou a historia, se escriban en feminino, porque xa foron moitos anos nun sistema patriarcal.

O libro divídese en tres partes, que conteñen capítulos de menor a maior extensión e que pouco a pouco nos van adentrando na temática que abordamos, que é máis complexa do que poidamos pensar nun principio. Comézase cunha primeira parte no que se trata a necesidade de que a lingüística sexa unha ciencia que teña en conta as mulleres, sobre todo cando foron elas as que traballaron sempre dende o anonimato e baixo os nomes masculinos. A segunda parte aborda as tradicións de xénero das marxes, e concretamente adica especial atención ao labor levado a cabo polas tradutoras, as primatoloxistas, as filósofas ou as que estudan a gramática. E xa por último, a autora propón algunhas posibilidades para reescribir a historia, para culminar cun anexo de mulleres lingüísticas na Wikipedia e outra complementaria de mulleres vinculadas con ideas ou oficios lingüísticos. Como vedes, unha obra que se pode ler de forma cronolóxica mais tamén por capítulos e segundo os propios intereses.

Teresa Moure escribiu un libro que nos leva a outros asuntos que me interesan moito, como pode ser o eurocentrismo, sobre o que ela escribe o seguinte:

“No caso linguístico nao é difícil demonstrar que as línguas atuaram como dispositivos colocados ao serviço dos grandes projetos imperialistas no domínio das Américas ou da África: as primeiras gramáticas do espanhol e do português tinham implícito esse objetivo de servir determinados interesses patrióticos. A partir daí, as instituiçoes académicas difundiram a falsidade de que o mundo fala apenas línguas europeias”.

Ficha técnica

Título: Linguística escreve-se com A. A perspectiva de género nas ideias sobre a linguagem

Autora: Teresa Moure

Editorial: Através

Ano de publicación: 2022

Número de páxinas: 312

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre ““Linguística escreve-se com A. A perspectiva de género nas ideias sobre a linguagem” de Teresa Moure

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.