Cuestionario Proust: Asun Estévez, poeta

Asun Estévez naceu en Bueu no outono dun bo ano, tal e como se describe ela mesma. Auxiliar de Enfermería Xeriátrica, escribe dende que ten uso de razón pois é a súa forma de estar na vida e de sentir. Entre os seus libros de poesía atopamos Bicos de sol, Medrar nas mans, Noites, amenceres e algo máis e Pel de muller. Dende o ano 2008 ten participado en encontros e recitais poéticos por toda Galiza e tamén en Portugal, e nas súas redes sociais comparte a miúdo fotografías sobre paisaxes fermosas acompañadas de reflexións.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter? Entusiasmo e vitalidade.
  2. Que calidade aprecias máis nun home? A tolerancia, a honestidade e o respecto polo espazo de cada quen.
  3. E nunha muller? O mesmo.
  4. Que agardas das túas amizades? Que me queiran como son.
  5. O teu principal defecto? A impuntualidade, unha batalla constante co tempo. Chegarei tarde ata ó meu  enterro, mais ese día xa non será cousa miña.
  6. A túa ocupación favorita? Escribir, unha boa conversa, soñar e viaxar sempre que é posible.
  7. O teu ideal de felicidade? Un abrazo do meu fillo.
  8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder ese abrazo. E perder a palabra.
  9. Que che gustaría ser? Feliz. Nada máis e nada menos.
  10. En que país desexarías vivir? Gústame onde vivo, pero unha voltiña ou dúas ó mundo non estarían nada mal.
  11. A túa cor favorita? Azul, verde e amarelo, as cores da vida.
  12. A flor que máis che gusta? Gústanme todas as flores, pero as silvestres as que máis.
  13. Que paxaro prefires? As gaivotas.
  14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Non son de devocións, pero si teño prefencias especiais. Neira Vilas, García Márquez, Almudena Grandes ou Saramago son lectura necesaria.
  15. E poetas? A poesía en si mesma. Todo aquel poema que me faga vibrar e me obrigue a lelo e relelo unha e outra vez.
  16. Un heroe de ficción? Non son de heroes, pero cando era nena atopaba en Tarzán un aquel: parecíame fascinante, salvaxe, primitivo, puro e libre.
  17. Unha heroína? Pippi Calzaslargas. Rebelde e auténtica.
  18. O teu músico ou música favorito/a? Non me podería decantar por ninguén.
  19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Dalí e Lugrís.
  20. O teu heroe ou heroína na vida real? Calquera que sexa capaz de saír adiante ante as adversidades. Eses son os verdadeiros heroes e heroínas.
  21. O teu nome favorito? O meu. De nena horrorizábame, mais co tempo cheguei a querelo. Agora mesmo encántame: non podería chamarme doutro xeito.
  22. Que hábito alleo non soportas? A hipocresía e a vulgaridade.
  23. Que é o que máis detestas? Non son de odiar. Paréceme un sentimento frustante para quen o sinta, mais si aborrezo algunhas cousas. A inxustiza, a que máis.
  24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador.
  25. Un feito histórico que admires? Como a miña nai viúva sacou adiante a cinco fillos.
  26. Que virtude desexarías posuír? Gústame ser tal e como son, coas miñas virtudes e os meus defectos.
  27. Como che gustaría morrer? Gozando plenamente.
  28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Contenta. A pesar de tódalas tormentas nacín con esa predisposición e agardo que non me abandone nunca.
  29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? O medo e os seus derivados.
  30. Tes unha máxima ou lema de vida? Teño dous: “querer é poder” e “vive e deixa vivir”.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.