«Coma unha novela» de Daniel Pennac

Sabedes cales son os dereitos das persoas lectoras?

Queredes coñecelos?

Daniel Pennac escribiu un dos libros sobre o acto de ler máis fermosos da nosa historia, Coma una novela, e nel inclúe un decálogo de dereitos, que son:

  1. Dereito a non ler.
  2. Dereito a saltar as páxinas
  3. Dereito a non terminar un libro
  4. Dereito a reler
  5. Dereito a non ler calquera cousa
  6. Dereito ó bovarysmo (doenza de transmisión textual)
  7. Dereito a ler en calquera sitio
  8. Dereito a ler ó rebusco
  9. Dereito a ler en voz alta
  10. Dereito a calar

Recoñezo que escoitara falar moitísimas veces deste decálogo, pero non tivera ocasión de achegarme ao libro, cuestión que solventei neste verán tras a visita a unha libraría de vello na que topei coa edición que publicara Xerais en galego deste clásico baixo a tradución de Emma Lázare e Moncha Fuentes Arias, e co que gocei marabillada ao verme reflectida en moitas das reflexións que realiza o autor, considerado un dos ensaístas máis celebrados das letras francesas. Precisamente, con Coma unha novela conseguiu ser traducido a case todas as linguas europeas, e o libro converteuse nunha defensa firme da lectura, no que el nos achega a necesidade que temos como sociedade de fomentar este hábito pero lanzando críticas contra certas técnicas, hábitos ou prexuízos do aparato educativo e familiar.

Así, xa no primeiro capítulo, titulado “Nacemento do alquimista”, el advírtenos de que “o verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros: o verbo ‘amar’… o verbo ‘soñar”.  El critica, entón, ese costume de obrigar aos nenos e nenas a ler, de impoñer a lectura como deber, porque iso provoca o efecto contrario. Entón que facemos para contaxiar o hábito lector?

Máis adiante, el dinos:

“¿E se en vez de esixir a lectura, o profesor decidise de repente compartir o seu propio pracer de ler?

¿O pracer de ler? ¿Qué é iso do pracer de ler?

Cuestións que supoñen unha boa autocrítica, en efecto.

E, para empezar, a confesión desta verdade que vai radicalmente contra o dogma: a meirande parte das lecturas que nos formaron, non as fixemos por algo senón contra algo. Nós liamos (e lemos) coma quen se refuxia, coma quen se rebela ou se enfrenta. Isto dános un aire de fuxidos, e a realidade desespera por non podernos alcanzar, protexidos trala fascinación da lectura, porque nós somos fuxidos ocupados en construírmonos, coma evadidos que están nacendo.

Toda lectura é un acto de resistencia”.

Coma unha novela é un ensaio fermosísimo sobre o acto de ler, un pracer para as persoas que temos ese cada vez máis estraño de perder o tempo entre libros. Tamén é unha boísima ferramenta de traballo para que as persoas encargadas do fomento lector teñan sempre canda si.

Ficha técnica

Título: Como unha novela

Autor: Daniel Pennac

Tradución: Emma Lázare e Moncha Fuentes Arias

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 1993

Número de páxinas: 158

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.