«Madeira e metal» de Laura Rey Pasandín e Laura Romero

A morriña que sentimos as persoas que habitamos as aldeas e debemos deixalas para ir ás cidades resulta un tema con moito interese a nivel social, pero que se tratou pouco na literatura infantil e xuvenil. Este oco vaise enchendo paseniñamente con propostas que ofrecen á cativada outras formas de entender o mundo e de vivir coas lembranzas.

Madeira e metal conta a historia de Aixa, unha nena de aldea habilidosa e festeira que ten que marchar coa súa familia á cidade. Neste proceso sentirá tristura por deixar un espazo no que se sente cómoda, e que o libro aproveitará para reconverter en novas sensacións. Como sentir que estamos na aldea? Laura Rey Pasadín explora os sons da aldea e, coa axuda das ilustracións de Laura Romero, conta como a nena protagonista comezou a mesturar madeira e metal para facer música que homenaxeara á súa aldea e así sentir menos o peso da soidade e da morriña.

Madeira e metal reivindica valores que hoxe cómpre visibilizar máis ca nunca, como o orgullo de pertencer ás aldeas, a conciencia de habitar nunha terra e nun espazo cuns costumes e tradicións propias, e tamén a forma na que podemos nós como sociedade reclamar o que nos pertence. Así, as nenas e nenos que se acheguen a este relato sentirán compaña, sobre todo, se habitan nalgunha das aldeas da Galiza nas que os poderes políticos reducen as posibilidades e perspectivas de futuro. A mensaxe é clara: o espírito da aldea é único e vai sempre nos nosos corazóns, e esa ilusión non nola poderá roubar ninguén.

“Ao chegar a tardiña subía ao eirado do seu edificio, e alí facía música, que falaba das árbores, dos paxariños que pían e se atopan, da caída das landras no outono, do repenicar de campás.

Aixa coa súa pandeireta fixo agromar…

O son da terra,

O son da aldea,

O son do seu lar”.

Ademais do texto e das ilustracións, é importante destacar a inclusión de cantigas tradicionais recollidas en zonas como Bande, nas que se poden observar diversos trazos lingüísticos como a gheada e a querenza cara aos cantares que xermolan dende as clases máis humildes. Todo un cante ás nosas tradicionais, ás nosas aldeas e ao poder da música para canalizar as emocións.

Ficha técnica

Título: Madeira e metal

Texto: Laura Rey Pasandín

Ilustracións: Laura Romero

Editorial: Baía Edicións

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 24

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “«Madeira e metal» de Laura Rey Pasandín e Laura Romero

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.