“Xela Arias. Palabra á intemperie”, de Emma Pedreira e Laura Romero

Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas

“Como nace unha poeta? Agroma dunha semente na terra, un día calquera baixo certas influencias de auga, luz lúa? Sae dun casulo interior? Nace como nacen todas as crianzas e máis tarde é atrapada por un estraño elemento digamos, por exemplo, o deseño de tocar e ser tocada polas cousas?”

Supoño que moitas poetas se teñen preguntado ao longo da historia sobre os porqués da súa escritura, e supoño tamén que será moi difícil explicar que leva a unha muller aparentemente cunha vida normaliña a escribir versos máis ou menos misteriosos. Eu, que gozo moito nos últimos anos da poesía, marabíllome diante de moitos versos, experimento unha especie de catarse individual e sinto o desexo de ir máis alá e de ver o autor ou autora tras dos versos. Se isto me acontece a min que non escribo poesía, imaxinádesvos o que supón para aquelas que escriban versos? Con esta pregunta nace o libro Xela Arias. Palabra á intemperie, unha proposta de Emma Pedreira e ilustracións de Laura Romero que reconstrúe brevemente a biografía da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, e na que se fai unha revisión e unha reinterpretación dalgúns versos dos seus poemarios principais, caso de Tigres coma cabalos, Darío a Diario ou Intempériome. Neste sentido, resulta do máis interesante observar como a poeta Emma Pedreira conversa cos versos de Xela Arias e indaga no que estes provocaron na súa vida profesional e persoal. Así, o libro concíbese case coma un espello no que a autora de Bibliópatas e fobólogos se pon fronte aos poemas de Xela e confesa a súa admiración e o que influíu a súa estética á hora de crear, ademais de realizar unha análise sobre algúns temas de candente actualidade, como o feminismo e o feito de exercer a maternidade dende a liberdade.

Di Emma Pedreira:

“Ser nai e ser poeta é como ser nai e ser astronauta ou ser nai e ser limpadora. Non hai heroicidade en estar na vida e ser”.

E propón Xela Arias, no ano 1996:

“Busco o modo de te acompañar sen estorbo,

Que sexas ó meu carón feliz e creador de ti,

De ti e mailo mundo que apañes”.

As ilustracións de Laura Romero outorgan o contrapunto necesario, pois nelas atopamos moitos collages que nos levan directamente a pensar na poeta e tradutora viguesa, quen nos anos oitenta ousou crear uns poemas e acompañalos de fotografías de espidos, algúns dela mesma, xerando unha provocación nese mundo que habitaba e que aínda estaba moi condicionado polos estereotipos.  Mais, ela, muller valente e brava, soubo romper e ofrecer outras formas de facer arte, dende o politicamente incorrecto.

“Cal sería a mellor maneira de despedir unha poeta?

Que poderiamos deixar na súa tumba?

Debería haber na súa lousa, só un verso ou o seu nome?

Que verso escoller, que pezas do poema?

Que flor para Xela Arias?”

Ficha técnica

Título: Xela Arias. Palabra á intemperie

Autora texto: Emma Pedreira

Autora ilustracións: Laura Romero

Editorial: Baía

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 51

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .