“Permaxeo”, de Eva Baltasar

Eva Baltasar, autora de "Permaxeo"

“Se do que se trata é de sobrevivir, a resistencia pode que sexa o único xeito de vivir intensamente. É agora, neste límite, onde me sinto viva, viva coma nunca”.

Tiña ganas de ler Permaxeo, de Eva Baltasar, dende hai tempo, pero non atopara o momento ata agora, cando acaba de saír publicada en galego da man de Kalandraka e coa tradución de Gonzalo Hermo, e unha portada do máis suxestiva obra de Sonia Pulido. Alén destes detalles técnicos e non menos importantes, Permaxeo destaca pola súa capacidade para falar das preocupacións das mulleres, de expresar nunhas cantas páxinas o difícil que se torna a veces a supervivencia neste mundo que nos fai dubidar deseguido.

Estas dúbidas e medos son expresadas a través da idea do permaxeo que, segundo autora, viría a ser “a capa de chan que está debaixo do punto de conxelación da auga, e que illa o exterior demasiado cálido”. A nosa protagonista é un pouco así, a súa mente está preparada para illar os sentimentos e evitar a dor, o que non impide que a miúdo teña pensamentos suicidas que logran calmar a ansiedade e as súas continuas sensacións se non pertenza a ningún lugar concreto deste mundo.  Alén disto, Permaxeo contén moitísimas alusións humorísticas e mesmo sarcásticas que fan que, aínda que o que se conte sexa duro, a historia se lea cunha certa calma.

Gustoume ler Permaxeo, sobre todo porque me parece interesante a metáfora do xeo e do frío para falar das vidas humanas, idea que tamén aproveitan outras historias contemporáneas como é o caso de Formas de estar lejos, de Edurne Portela, ou incluso Me desperté con dos inviernos a los lados, de Elsa Veiga. Considero que, malia que pode ser unha imaxe recorrente, Eva Baltasar consegue achegarnos moitísimos puntos de vista sobre esa frialdade e en ningún momento nos fala desde a superficie, senón que se somerxe nos lodos.

“Os corazóns nacen encadeados. Vivir desde o corazón é un erro se se fai crendo na liberdade propia, porque a liberdade é o dominio da mentira, velaí. Mentir é un xeito de resistir, unha estratexia de camuflaxe para individuos socialmente pouco agresivos coma min”.

Ficha técnica

Título: Permaxeo

Autora: Eva Baltasar

Tradución: Gonzalo Hermo

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 138

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .