“O meu baleiro” de Marcos Viso

O meu baleiro- Marcos Viso

A gran vantaxe dos álbums ilustrados é que poden chegar aos máis pequenos e pequenas e, tamén, ás persoas máis adultas. Eu gozo moito da descuberta de títulos que me fan volver á infancia e centrarme en sentimentos ou sensacións que cría esquecidas. O meu baleiro, de Marcos Viso, é unha proposta que fala das ausencias e da necesidade que temos como persoas de rodearnos de amizades e doutros seres humanos que nos dean cariño.

Lin e desfrutei das ilustracións desta obra a primeira vez en soidade e, a segunda, nunha lectura en voz alta cos meus irmáns. Foi nesta última onde aflorou a emoción máis intensa, quizais porque soamente cando estamos xuntos ou ao carón de alguén somos quen de entender como sería o mundo se nos faltasen. O meu baleiro é iso, unha aprendizaxe sobre o abandono, e sobre a busca de novas amizades, contada dun xeito universal e co que todos nos sentimos identificados. Quen non sufriu algunha vez un desengano? Quen non viu de preto a morte dunha persoa querida? Quen non perdeu a unha persoa sen querer?

Esta obra indaga en sensacións universais, e tenta darlle un sentido á perda, non só a través das verbas, senón sobre todo das ilustracións que as acompañan e que conforman unha proposta ateigada de emoción.

“Sentir a calor da amizade”.

Unha declaración de intencións na que este libro nos leva a reflexionar e que, dende logo, conseguirá sacar sentimentos agochados e facelos visibles. Só por iso xa merece a pena.

Ficha técnica

Título: O meu baleiro

Autor: Marcos Viso

Editorial: Hércules de Ediciones

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 40

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .