“O útero dos cabalos” de Lupe Gómez

O útero dos cabalos- Lupe Gómez

“Creo na poesía, quizais, é no único que creo”.

Estes versos de Lupe Gómez insisten na defensa da poesía como case a única verdade, aquilo que é capaz de sobordar todos os límites e ir máis alá, alén do imaxinable. A poesía adquire, neste caso, un cariz revolucionario que é o que, á fin e ao cabo, me gusta cada vez máis.

Descubro de novo a Lupe Gómez co poemario O útero dos cabalos, unha proposta salvaxe, arriscada, na que atopamos berros infinitos, e co que ela se fixo co VII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Mentres leo estes versos, decátome de que se parecen moito a outros artefactos poéticos, como Feliz Idade, de Olga Novo, ou A herba de namorar, de María do Cebreiro, nos que tamén se aborda o concepto mesmo da poesía e a súa relación coa terra e co feminismo no centro.

Creo, sinceramente, que Lupe Gómez é unha das grandes voces da poesía galega actual, sobre todo porque é quen de falarnos dende a sinceridade, fuxindo do politicamente correcto e facendo das contradicións o xerme do pracer lector. O útero dos cabalos concíbese, pois, coma un libro de fortes contrastes: esa muller que quere ser libre e, ao tempo, indaga no amor máis primario;  a nena que quere medrar e, tamén, ficar na infancia por momentos… Quizais é nestas contradicións onde radica a súa maxia, porque todas logramos identificarnos con esa voz poética que fica a cabalo entre dous mundos, que quere facer unha revolución e ás veces vese incapaz, que quere berrar alto aínda que ás veces só atopa a opción da escritura.

“A menstruación era / de nenas, pero eu / era un neno que / xogaba ao fútbol/ lonxe”.

“No quero ter un mozo / que me espere / na porta, eu quero / correr. Os cabalos / son libres”.

Moitos dos versos que vou atopando nesta lectura supoñen unha forte revelación e a través deles tamén me recoñezo cos meus medos e desexos. É imposible non empatizar cos detalles dos que fala a autora, quen xa me conquistara con Camuflaxe, e que me volve revolucionar con este libro salvaxe e ateigado de verdade e de loita.

“Odio a maquillaxe, / esas máscaras grandes / que tapan os rostros das / mulleres, que non deixan / ver a mirada”.

Ficha técnica

Título: O útero dos cabalos

Autora: Lupe Gómez

Editorial: Espiral Maior

Ano de publicación: 2005

Número de páxinas: 117

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .