dente de leite

Arancha Nogueira, autora do poemario "dente de leite"

Escribir sobre una nai paréceme unha tarefa, cando menos, difícil. Corres o risco de caer nunha palabrería repetitiva e sensibleira, ou non atopar as verbas que lle dean xustiza ao que supón ser nai nos tempos que corren.  Mais a poeta ourensá Arancha Nogueira consegue superar este exercizo de forma moi notábel no seu último libro, titulado precisamente dente de leite, e co que se fixo co XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.

dente de leite concíbese coma unha poesía vital, “na que a beleza é un barco que está saíndo axiña do porto para estrear os zapatos novos da vida”, en palabras da poeta Lupe Gómez, encargada do prólogo desta edición. É unha fermosa casualidade que sexa así, pois a autora de Camuflaxe tamén escribiu un dos poemarios máis fermosos e reivindicativos da figura materna.

As persoas que seguimos a Arancha Nogueira nas redes sociais, en especial Instagram, sabemos da importancia que ela dá aos afectos, á demostración de cariño nunha sociedade que, porén, camiña no sentido contrario, cara ao individualismo. Mais ela teima en construír pontes de amor, e con este poemario recolle sensacións e vivencias entre unha nai e unha filla, dende a infancia máis temperá, significada nas viaxes á praia, ata esa idade adulta na que a incomprensión comeza a desestabilizar o elo. Este poemario defínese, pois, como unha escolma de lembranzas ou a busca desa linguaxe común presente en todas as familias e, máis concretamente, entre nais e fillas.

“e advertíchesme, mamá

o tempo é un caramuxo obstinado

advertíchesme

pero eu só podía ver o teu prodixio

tan allea”.

dente de leite propón unha loita entre esa infancia tranquila e despreocupada, na que as nais exercen como garantías do noso porvir, e este presente (tamén futuro) incerto no que debemos avanzar soas sen saber o camiño polo que tirar. Un exercizo para tentar comprender e apreixar o mundo coas mans.

“preguntarche por que xa non somos unha

cun sentido de nostalxia

sen sábelo

tan antigo”.

Ficha técnica

Título: dente de leite

Autora: Arancha Nogueira

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 63

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .