#hashtags para un espazo agónico

#hashtags para un espazo agónico- arancha nogueira

Habitamos un mundo que se torna cada vez máis conceptual e visual, sen apenas marxe de manobra para a reflexión sosegada, para a observación minuciosa do que nos rodea, sen capacidade crítica. Ante este mundo podemos adoptar dúas posicións: ou ben ficamos caladas e avanzamos cara adiante, ou tentamos atopar o lugar que nos corresponde, loitar a través das palabras.

Dende unha reivindicación xorde o poemario #hashtags para un espazo agónico, no que Arancha Nogueira se posiciona entre dous mundos, unha técnica que xa empregara en spleen en catro tempos. En ámbolos dous, os versos van dende a tranquilidade ata a preocupación pola forma de vida que está a piques de desaparecer, mais tamén é unha crítica ante a deriva cara á que avanzamos. O espazo, tal e como o coñecemos, tende a desaparecer aínda que vivan persoas que lembremos o antes e o despois. Estes versos xermolan da inquedanza da poeta, desa voz que recolle o que veu antes dela e o pon no foco, unha voz que non é neutral senón que toma partido polas vivencias. Aproveitando a técnica contemporánea do #hashtag, a ourensá proponnos un exercicio poético que case é un reto: o de experimentar esa loita entre as paisaxes naturais que esmorecen ou destruímos e as reivindicacións que se fan nas redes sociais. Precisamente estas convertéronse nas ferramentas de protesta máis empregadas pola sociedade, a cal non dubida en mobilizarse a través das pantallas pero que fica calada e sen posibilidade de actuación ante a realidade máis urxente.

Estes versos gozan de actualidade, pois neles conflúen as redes sociais e a linguaxe dixital con esa visión do espazo que está a piques de desaparecer, e tamén a lingua que constitúe unha das nosas herdanzas que como pobo botamos a perder.

arde a amazonía

mentres nun carnaval de verán

[#makeup #friends]

cinco pocahontas sexis de pintura alaranxada

[#praufornotredame]

exhiben bebidas en ecovasos tintados

e algo moi

moi parecido á violencia.

[…]

así

derrubamos un idioma

así

construímos unha guerra”.

Como xa expresamos en moitas ocasións, a poesía non é un xénero inocente, senón que axuda a explicar a vida, as inquedanzas das persoas, e a realizar protestas. A poesía é, en definitiva, unha arma ateigada de futuro e cunha munición que impulsará o cambio social. Niso creo firmemente.

Ficha técnica

Título: #hashtags para un espazo agónico

Autora: Arancha Nogueira

Editorial: Positivas

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 33

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .