Cata literaria: “O conto da criada” de Margaret Atwood

“Hoxe, malia a expresión fechada da cara de Rita e os seus labios apertados, gustaríame quedar aquí, na cociña. Cora entraría, desde algunha outra parte da casa, coa súa botella de aceite de limón e o seu pano, e Rita faría café – nasa casas dos comandantes aínda non hai café de verdade – sentariámonos á mesa de Rita, que é tan de Rita como a miña mesa é miña, e falariamos de dores e mágoas, de doenzas, dos nosos pés, dos nosos lombos, de todos os tipos diferentes de trasnada que os nosos corpos, como criaturas revoltosas, nos poden chegar a facer. Asentiriamos coa cabeza para puntuar as voces das outras, indicando que si, que nos ían contar a nós. Intercambiariamos remedios e tratariamos de superarnos as unhas ás outras no recital das nosas penurias físicas; queixariámonos levemente, en voz baixa e ton menor, apesaradas como pombas nos caleiros. Xa sei a que te refires, diriamos. Ou unha expresión peculiar que ás veces aínda se lle oe á xente maior:  Xa sei por onde vas, como se a voz en si fose unha viaxeira que se dirixe algún remoto lugar. Cousa que podería ser, cousa que é.

Como adoitaba desprezar esas lerias. Agora bótoas en falta. Polo menos eran lerias. Un intercambio dalgún tipo.

Ou rexoubariamos. As martas saben cousas, falan as unhas  coas outras, pasan as noticias non oficiais de casa en casa. Coma min, escoitan detrás das portas, sen dúbida, e ven cousas mesmo cando arredan os ollos. Téñoas oído algunha vez, ventei algunha das súas conversas privadas. Naceu morto. Ou: Espetoulle unha agulla de calcetar na barriga. Debíana de comer os celos. Ou un tentador: Foi deterxente sanitario o que usou. Funcionóuchelle de marabilla, aínda que calquera pensaría que el tamén o probara, do borracho que che estaba; pero a ela atopárona ao dereitiño.

Ou axudaríalle a Rita a facer o pan, afundindo as miñas mans nesa mol calidez resistente que tanto se parece á carne. Devezo por tocar algo, algo que non sexa tea ou madeira. Devezo por cometer o acto de tocar.

Pero aínda que o pedise, aínda que quebrantase as normas do decoro até ese punto, Rita non o permitiría. Daríalle demasiado medo. As martas non deben confraternizar con nós.

Confraternizar significa comportarse como un irmán. Iso contoumo Luke. Dicía que non  había unha palabras correspondente que significase comportarse como unha irmá. Sororizar, tería que ser, dicía. Gustáballe saber eses detalles. A orixe das palabras, usos curiosos. Eu adoitaba meterme con el por ser pedante”.

(Fragmento de O conto da criada, de Margaret Atwood)

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .