O inferno

Henri Barbusse, autor d' O inferno

No tempo do efémero e da rapidez mediática, resulta case un atrevemento recomendar a lectura da novela de Henri Barbusse, O inferno. Mais o certo é que resulta moi necesaria para xerar debate e levarnos cara a defensa dun mundo no que puxemos polo pensamento crítico e a reflexión pausada.

Corría o ano 1873 cando o francés Henri Barbusse escribiu unha das novelas que posteriormente influíron en escritores como Willa Cather, Jorge Luis Borges ou Jean Paul Sartre. O argumento constrúese partindo dun acontecemento do máis banal, un home de trinta anos recala nun hotel na cidade na que vai residir por mor dunha oferta de traballo. O que semella unha estancia aburrida convértese pronto nunha aventura, sobre todo cando descobre un burato que conecta co cuarto do lado e polo que pode observar as vidas que transitan por el. O protagonista d’ O inferno asexa todos os días as persoas que pasan por este espazo, o que lle dá pé a realizar interesantes reflexións arredor da condición humana e da propia vida do momento. Contrapóñense na novela dúas realidades: a ficción e a verdade, que nos levan á contemporaneidade e ás redes sociais, onde contamos anaquiños das nosas vidas que outras persoas ven ou espían. Esta semellanza cos tempos actuais é o que fai d’ O inferno unha novela moi acaida para os tempos que corren, nos que se fai necesaria tamén a reflexión filosófica e o pensamento sosegado e libre de tópicos.

A humanidade sen fisuras. O home que espía tras do burato atópase con persoas que senten amor e desamor, que padecen enfermidades mortais e mesmo que agochan moitos segredos. Detrás da porta dese cuarto séntense seguros, aínda que non imaxinan que outra persoa observa todo o que falan e fan. Resulta, pois, un argumento moi atractivo para as lectoras e lectores, debido a que a intriga se reactiva todo o tempo.

Que son eu? Son o desexo de non morrer. Non só este serán, no que me empuxa a necesidade de construír o soño sólido e poderoso que non volverei abandonar, senón sempre. Somos todos, sempre, o desexo de non morrer. É innúmero e diverso como a complexidade da vida, pero é, no fondo, así: seguir a ser, ser cada vez máis, expandirse e durar. Todo o que temos de forza, de enerxía e de lucidez serve para nos exaltar, da maneira que sexa. Exaltámonos con impresións novas, sensacións novas, ideas novas. Esforzámonos por tomar aquilo que non temos para engadírmonolo. A humanidade é o desexo do noso ante o medo á morte”.

Como se observa no parágrafo anterior, estamos diante dunha novela con moito pouso, que se debe ler a pequenos sorbos, porque en caso contrario, habería perigo de colapso. Ideal para as persoas que gozan dos libros que fan pensar. Unha marabillosa lectura traída ao galego da man de Celia Recarey e Irmás Cartoné.

Ficha técnica

Título: O inferno

Autor: Henri Barbusse

Tradutora: Celia Recarey Rendo

Editorial: Irmás Cartoné

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 282

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.