As miñas nanas negras

Confeso que nunca antes lera un libro que falase do corpo e das sensacións femininas coma As miñas nanas negras. Nel, Amalia Lú Posso Figueroa, toma como referencia e fonte de inspiración o Chocó colombiano e as súas xentes, creando pois uns relatos con sabor a humidade e a calor, a ritmos caribeños e a corpos impregnados da suor sexual máis primitiva. Coa marabillosa tradución de Isaac Xubín ao galego gozamos da lectura destes contos protagonizados cada un deles por mulleres que teñen o ritmo en diversas partes do seu corpo: Fidelia Córdoba nas tetas, Wbaldina Conto Asprila, nas nádegas, Aspacia Copete, nas axilas, Bella Paz Murillo Palomeque, na boca… e outras que o teñen nalgúns xestos, como Secundina Caldón, no sementar, Acento Romero, no cruzar das personas, ou Valentina, no pensar.

As miñas nanas negras pretende recuperar a esencia das sociedades tradicionais e diversas. Unha proposta que ten moito máis sentido no mundo que habitamos, no que os poderes públicos tenden a defender a homoxeneización da cultura. O que a globalización fai é que desapareza precisamente esa riqueza inmaterial que cada pobo depositou ao longo do tempo para a súa propia supervivencia, e por iso estes contos de Amalia Lú saben tamén a reivindicación polas aldeas e polas xentes, fuxindo deses mundos artificiosos e levándonos aos máis sinceros.

Estamos diante dun libro para gozar, para ler devagar e pousar a lingua en cada unha das palabras, sobre todo neses comezos que nos levan a pensar nos contos tradicionais, mudando o “érase unha vez” por “tiña o ritmo en”. Mais tamén resulta un libro provocador, que nos fala do sexo máis primario, apegado incluso ao terreo do instinto animal, iso si, mesturado cun realismo máxico que nos lembra moito á literatura de Gabriel García Márquez.

Nese intre non o imaxinaba, sóubeno despois: as miñas nanas negras ensináronme a gozar ao milímetro da riqueza do meu corpo, metéronme na loucura de gozar con todos os ritmos que ten o meu corpo”.

Ao igual que confesa Amalia Lú no paragrafo anterior, en maior medida todos e todas bebemos do noso pasado e, concretamente, desas mulleres que aprenderon a sobrevivir e, ao mesmo tempo, a valorar o seu corpo. Unha proposta, por certo, moi acaída para os tempos que estamos a vivir, nos que o feminismo bate con forza para liberar ás mulleres mais, ao mesmo tempo, desde sectores patriarcais e conservadores, volven considerarse os corpos das mulleres só como recipientes e non como destinados ao goce. E indo máis alá, atopamos contos nos que se reflicte tamén a loita ante o colonialismo, como este de Valentina, a que tiña o ritmo no pensar:

A nana Valentina pensou, lembrando o que contaba a súa mamá e no que ela aos oito anos comezara a cismar. Pensou, pensou moito até que o pensamento se lle meteu moi dentro facéndoa encoraxar pola súa raza, polo seu ouro, polas súas xentes, pola súa terra chica, pola súa terra grande, por algo a nana Valentina tiña o ritmo no pensar”.

Ficha técnica

Título: As miñas nanas negras

Autora: Amalia Lú Posso Figueroa

Editorial: Kalandraka

Tradución ao galego: Isaac Xubín

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 184

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.