Soños. Arquivos. Cartas

As persoas que sigan este blog coñecerán o medo que sinto cando me poño diante do papel para reflexionar arredor das sensacións que nacen tras a lectura dun libro de poesía. Un estremecemento percórreme todo o corpo, porque sei que a poesía hai que sentila e cadaquén vívea á súa maneira.

Neste xogo interpretativo, o certo é que ao falar de poesía, case sempre caio na tentación de que o texto me quede demasiado persoal, moi íntimo. Esta sensación amplifícase tras a descuberta dos versos de María do Cebreiro, unha muller da que desde fai moito tempo sigo a súa traxectoria, pero que ata agora non me atrevera coa súa poesía. E esta fin de semana, no medio das emocións que me produciu o Culturgal, necesitaba poesía, así que solicitei recomendacións e Soños. Arquivos. Cartas foi un dos meus compañeiros de tránsito ata a volta á rutina.

O título deste poemario xa refire que estamos diante dunha estrutura flutuante, que nace do que o corazón dita nun momento de dor, porque só cando sentimos tristura emerxe a necesidade de crear, de escribir coma unha catarse.

Dixen que a paz era unha figura de morte e respondiches:

procuramos a paz, pero para escribir precisamos volver ao

tempo das feridas”.

María do Cebreiro escribe sobre o amor e, sobre todo, do desamor, dese momento no que, ás veces sen xustificación aparente, deixamos de querer compartir a vida cunha persoa ou, simplemente, os sentimentos arrefríanse.

Podemos responder con razóns pero nunca saberemos explicar por que un día calquera amamos e outro día, case sen saber como, deixamos de amar”.

Hai versos máis evidentes, outros máis escuros, mais en todos eles subxace esa necesidade de aliviar a dor a través da escrita. Creo que non lin una poesía que expresase mellor a perda, desde una óptica humana e sensorial, coa expresión duns sentimentos que nos fan pensar nunha persoa débil e, ao mesmo tempo, consciente da súa fortaleza. A muller que ama con todas as consecuencias e que, un día, ten que sobrevivir ao abandono e reactivar a súa vida.

Estes foron os días nos que pensei en que a dor do meu corpo de case corenta anos era un anuncio da miña morte. Eses foron os días nos que souben que non habería dor pasada ou futura que a túa proximidade non puidese curar”.

Que bonita conexión establecín cos versos de María, ateigados de reflexión e de vida, moita vida, e dor. Porque, aínda que no mundo actual se nos venda a idea de que debemos ser felices todo o tempo, o certo é que temos dereito a chorar, a sentir tristura, aos pensamentos grises.

Ficha técnica

Título: Soños. Arquivos. Cartas

Autora: María Do Cebreiro

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 73

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.