Noites de safari

A risa é una reacción que poucos libros conseguen provocar en min. Chorar é máis doado, pero arrancar un sorriso supón unha tarefa moi difícil, pois require en primeiro lugar empatizar co lector ou lectora e falar a mesma linguaxe. Que lectora e escritora coincidan é pois unha boísima noticia cando leo Noites de safari, libro de Marleen MaLone, heterónimo tras o que se agocha Iolanda Zúñiga, unha galega á que recuperamos logo do exitoso libro Periferia, co que resultou gañadora do Premio Xerais de Novela no ano 2010.

Noites de safari é un manual sobre amantes desorientados, mais tamén o camiño que segue a Marleen nesta busca de homes que satisfagan o seu apetito sexual. Así de claro, porque como ben di Emma Pedreira no seu comentario do libro, fannos moita falla propostas coma estas nas que cona sexa o centro, porque xa estamos fartas de que o desexo das mulleres sempre se expresa na boca dos homes, que non exista espazo na literatura para dicir claramente que o desexo feminino pode ser moi salvaxe, como o “ruxir das femias en celo durante as noites de safari”, cita que a autora sacou dos documentais de Félix Rodríguez de la Fuente para titular este compendio de relatos que contan as súas peripecias na noite.

A risa é o elemento estrela deste libro. Con el esmendrelleime de risa de principio a fin, ao tempo que flipei coa mestría da autora para falarnos do cotián e dunha vida de merda a través da comedia, defendendo a idea de que non hai mellor forma de explicarnos que ríndonos de nós mesmas e dos pensamentos contraditorios que ás veces nos embargan.

As letras do abecedario son o punto de partida para crear historias cuxo título se define cunha característica de cada un dos amantes que foi coñecendo ao longo desas noites (A, de Apático, B, de Barbudo, C, de Casado, D, de Desflorador, e así sucesivamente). Entrelazada cos relatos atopamos moitísimo sexo e desexo, palabras que poucas veces se pronuncian na literatura e música, moita música, conseguíndose con elo un ambiente co que todas as mulleres coincidiremos en maior ou menor medida.

O certo é que facía falta este libro, moitísima, para comezar a chamarlle ás cousas polo seu nome, sen eufemismos, para que falemos da masturbación feminina, da cona, de empotrar, e de todo o que aínda semella prohibido. A idea que subxace detrás destas Noites de safari, que me lembrou moito a Caitlin Moran, é que precisamos falar do que sempre sentimos as mulleres pero que nunca nos deixaron expresar. E senón pensemos… por que é tan común que os homes falen das súas pallas e a nós nos miren mal por falar da necesidade de explorar o propio corpo?

Risa, reflexión e toma de conciencia sobre o propio corpo, o libro de Marleen (ou Iolanda, como prefirades) consegue todo, e por iso merece que todas o leamos, xa que a desexada igualdade tamén se conseguirá unha vez que as mulleres consigamos falar do sexo sen medo. Unha vez máis, o privado é político.

Ficha técnica

Título: Noites de safari

Autora: Marleen MaLone (Iolanda Zúñiga)

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 294

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Noites de safari

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.