Pioneiras, galegas que abriron camiño

Aínda sorprende saber que as nenas ao chegar aos seis anos se cren menos brillantes que os nenos. A desigualdade entre sexos comeza a ser patente dende a primeira idade, tal e como demostra o estudo publicado pola revista Science, no que conclúen que os estereotipos de xénero limitan as expectativas das nenas de cara ao futuro. É unha idea recollida no libro Pioneiras, galegas que abriron camiño, unha iniciativa da editorial Xerais na que se recollen biografías noveladas con textos de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz, de xeito que temos diante un libro que cumpre dúas funcións: unha artística e outra de recuperación de voces femininas silenciadas no pasado.

Precisamente, esta pasada fin de semana acudía a un foro en Pontevedra titulado “As mulleres que opinan son perigosas”, no que puiden escoitar as experiencias de moitas mulleres no campo da opinión xornalística e a súa moitas veces supervivencia en mundos masculinos. Case todas elas coincidían en apuntar que o patio da escola era o xerme de todo o que somos no futuro, alí créanse as divisións entre os nenos que xogan ao fútbol e as nenas que ocupan os currunchos. A exclusión desta patio lévase despois a todos os campos da vida, e por iso a vida das mulleres é moitas veces de busca dun espazo e dunha voz pública.

As mulleres das que aquí se falan foron pioneiras, pero pouco sabemos delas. É por iso que se crea este libro, como unha oportunidade de darlle voz e ese espazo do que antes falaba. Poñámoslle nomes e apelidos: Exeria, a primeira escritora, Isabel Barreiro, a primeira almiranta, Marcela e Elisa, a primeira voda entre mulleres, Mª Luz Morales, a primeira directora dun xornal, Olimpia Valencia, a primeira doutora, Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional, Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra, Irene González, a primeira futbolista nun equipo masculino, Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira, Celia Rivas, a primeira condutora de camións, e Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional. Elas abriron camiño, aínda que tarde se lles recoñeceu.

O libro, que nace con vocación divulgativa, vén a complementar as publicacións que están xurdindo na actualidade dende diversas editoriais que buscan dar a coñecer o papel das mulleres no avance das sociedades, e paliar esa falta de nomes femininos que, aínda a día de hoxe, existe nos libros de texto. Sen dúbida, recomendado para pequenos e maiores, porque a loita pola igualdade debería ser cousa de toda a sociedade.

Ficha técnica

Título: Pioneiras, galegas que abriron camiño

Editorial: Xerais

Textos Anaír Rodríguez

Ilustracións: Nuria Díaz

Número de páxinas: 32

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Pioneiras, galegas que abriron camiño

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.